Tuesday 14 de May de 2024

50 laracheses participan na excursión por Huelva, Mérida, Sevilla e Zamora organizada polo concello


Partiron o domingo e regresarán o luns da semana que vén.

Medio centenar de laracheses maiores de cincuenta e cinco anos de idade. xubilados ou pensionistas están a participar nesta semana na excursión por diferentes localidades de Estremadura, Castela e León, Andalucía, e o Algarve portugués que organiza o Concello. Forman parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López.

A viaxe iniciouse o domingo pola mañá coa saída do autobús desde A Laracha. O primeiro punto de destino foi Mérida, o segundo, Huelva, e o terceiro, hoxe, Sevilla, onde visitaron a Giralda e a Praza de España entre outros localizacións. Durante esta semana, e ata o regreso previsto para o luns, estarán tamén en Moguer, no mosteiro da Rábida, no muelle das tres Carabelas, na localidade amurallada de Niebla, na Sierra de Huelva (incluíndo as Minas de Riotinto e Aracena), en Ayamonte (con paso en barco a Vila Real de San Antonio, no Algarve portugués), en El Rocío, no centro de interpretación de Doñana, en Palos de la Frontera e en Zamora.

Esta excursión é organizada polo Concello co propósito de ofrecerlle a ese colectivo unha alternativa de ocio e cultural para o aproveitamento do seu tempo de lecer, favorecer o envellecemento activo e fomentar as relacións sociais entre os veciños dese grupo de idade.